Palabras Desconxeladas
Palabras Desconxeladas
Obras propias (ou, propiamente, obras da colectividade)
1983 - LERIAS E ENREDOS PARA OS MÁIS PEQUENOS
1994 - ANTOLOXÍA DO CONTO POPULAR GALEGO
1999 - A SAQUETIÑA DA LINGUA (PDF)
2005 - O FÍO DA LINGUA (PDF, EPUB ou MOBI)
2009 - LA GALICE, DEZ SÉCULOS DE OLLADAS FRANCESAS
2010 - DESAPRENDA A FALAR GALEGO EN 15 DÍAS COS ERROS
DUN TRADUTOR AUTOMÁTICO (PDF)
2011 - LA GALICE RACONTÉE PAR DES FRANÇAIS (PDF, EPUB ou MOBI)
2014 - FLOR DA CANTIGA (PDF, EPUB ou MOBI)
2014 - CAIXIÑA DE MÚSICA (PDF, EPUB ou MOBI)
2019 - COMO DICILO? (PDF, EPUB e MOBI)
Maruxa Barrio e eu preparamos dúas escolmas de literatura popular galega: unha dirixida a transmitir o rico tesouro patrimonial aproveitándoo no desenvolvemento dos máis pequenos, e outra unha antoloxía do noso conto popular, organizando e peneirando as recolleitas dos nosos grandes etnógrafos. Como unha pequena continuación daquela angueira propoño agora esa Flor da cantiga.
E seguindo coas cantigas, é dicir coas cancións, meto aquí esa Caixiña de música con media ducia de traducións que fixen, unhas solicitadas por amigos para as súas corais e outras por propia iniciativa. Van tamén algunha partitura e aquí podedes atopar a interpretación pública dalgunhas versións.
Reproduzo a serie de artigos publicados no seu día en A Nosa Terra baixo o título de O fío da lingua , que tiña o propósito de estimular a curiosidade pola linguaxe. O meu cometido foi nese caso o de lector e divulgador de filólogos. Finalidade didáctica, de aprendizaxe e mellora do noso galego, ten igualmente Desaprenda a falar galego en 15 días, concibida como actividade predominantemente lúdica. E tamén son prácticos para perfeccionarmos o noso coñecemento do galego A saquetiña da lingua ou Como dicilo?
Finalmente inclúo, en galego na edición base publicada en papel (La Galice, dez séculos de olladas francesas ) e en francés na edición ampliada e dixital (La Galice racontée par des Français ) unha serie de traballos, e de pesquisas que fun realizando ao longo dos anos sobre a presenza de Galiza en textos franceses. Hai unha asombrosa continuidade de testemuños dende a Chanson de Roland ao século XXI que é interesante coñecer. E constitúe para min un honor poder contar no segundo caso cun prefacio do meu amigo Ramón Chao.
Ás editoriais Galaxia, Xerais, Laiovento e Servizo de Publicacións da USC, o meu sincero agradecemento.